XELA ARIAS NACEU O 4 DE MARZO DE 1962, E FOI INSCRITA NO REXISTRO CIVIL DE SARRIA (LUGO). ERA A PRIMOXÉNITA DE AMPARO E VALENTÍN. PUXÉRONLLE O NOME DE MARÍA DE LOS ÁNGELES, POIS DAQUELA NON SE PERMITÍAN OS NOMES EN GALEGO, PERO TODOS LLE CHAMABAN XELA
A ETAPA DO PARVULARIO E 1º DE PRIMARIA PASOUNA XELA NO COLEXIO FINGOI DE LUGO, UN CENTRO DE ENSINO PRIVADO DO QUE FORA DIRECTOR RICARDO CARVALHO CALERO E CARACTERIZADO POLAS INNOVACIÓNS PEDAGÓXICAS.
EN 1969, SEU PAI, QUE ERA MESTRE, FOI TRASLADADO A VIGO. NESTA CIDADE XELA REMATARÁ OS ESTUDOS DE PRIMARIA NO COLEXIO DE SÁRDOMA-MOLEDO E OS DE BACHARELATO NO INSTITUTO CASTELAO.
EN 1973, CON 11 ANOS, GAÑOU O PRIMEIRO PREMIO DE CONTOS INFANTÍS DAASOCIACIÓN CULTURAL CORUÑESA O FACHO. O CONTO TITULÁBASE «A FRAGA DOS PAXAROS VOADORES E A FRAGA LEOPARDICIA»
EN 1990 XUNTANZA EDITORIAL DA CORUÑA PUBLICA O ENXEÑOSO FIDALGO DON QUIXOTE DA MANCHA, DE MIGUEL DE CERVANTES, TRADUCIDO AO GALEGO, XUNTO CON OUTROS, POR XELA
NO CURSO 91-92 COMEZA OS ESTUDOS DE FILOLOXÍA HISPÁNICA NA UNIVERSIDADE DE VIGO, O QUE LLE PERMITIRÁ, ANOS DESPOIS, EXERCER COMO PROFESORA EN DIFERENTES INSTITUTOS. O SEU PRIMEIRO DESTINO SERÁ NO IES TERRA DE XALLAS, EN SANTA COMBA (A CORUÑA).
O 20 DE XANEIRO DE 1995 CONSEGUE, POR DECISIÓN DO XULGADO DE 1º INSTANCIA DE SARRIA, O
CAMBIO OFICIAL DO SEU NOME EN GALEGO, Mª DOS ANXOS, POLO QUE REALMENTE ERA COÑECIDA,
XELA. REMATOU ASÍ UNHA LOITA XUDICIAL DE DEZ ANOS POR RECUPERAR O SEU NOME
DARÍO A DIARIO PUBLICOUSE NO ANO 1996 EN EDICIÓNS XERAIS, CON VERSOS DEDICADOS AO SEU
FILLO DARÍO. ERA O TERCEIRO LIBRO DAAUTORA. NA FOTO DA PORTADA, REALIZADA POR XULIO XIL,
PAI DO NENO, APARECE O PROPIO DARÍO NO MOMENTO DE NACER
EN 1999 COMEZA A TRABALLAR COMO PROFESORA DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA NO IES TERRA DE XALLAS, EN SANTA COMBA, A CORUÑA. NOS ANOS POSTERIORES PERCORRERÁ OUTROS
CENTROS E REMATARÁ A SÚA CARREIRA PROFESIONAL NO IES ÁLVARO CUNQUEIRO DE VIGO.
XELA FALECEU EN VIGO O 1 DE NOVEMBRO DE 2003, AOS 42 ANOS, DESPOIS DUNHA VIDA INTENSA
DEDICADA Á POESÍA, Á TRADUCIÓN, A GALICIA, AO SEU IDIOMA E Á SÚA CULTURA