2018 - MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ



MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ É A ESCRITORA Á QUE A REAL ACADEMIA GALEGA ADICA ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FOI PROFESORA DE ENSINO SECUNDARIO E A SÚA OBRA ESTIVO DIRIXIDA, MAIORITARIAMENTE, AO PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL.


MARÍA VICTORIA NACEU O 1 DE MAIO DE 1939 NA LOCALIDADE CACEREÑA DE VALENCIA DE ALCÁNTARA. VICENTE, O SEU PAI, ERA MILITAR; A SÚA NAI, SARA, MESTRA DE PRIMARIA. A SÚA INFANCIA PASOUNA ENTRE BADAXOZ, SEPÚLVEDA E BARCELONA.


FIXO O BACHARELATO EN BARCELONA, ONDE APRENDEU A FALAR CATALÁN E FRANCÉS. EN 1958 ESTUDOU FILOLOXÍA ROMÁNICA NA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID E ALÍ COÑECEU A LUÍS LLÁCER, CO QUE CASARÍA E IRÍA VIVIR, EN 1963, A PONTEVEDRA.


EN 1965, MARÍA VICTORIA ENTROU A TRABALLAR COMO PROFESORA DE INSTITUTO, PRIMEIRO EN LUGO, DESPOIS EN VILALONGA E FINALMENTE EN PONTEVEDRA, ONDE TRABALLOU EN DOUS INSTITUTOS: O «VALLE INCLÁN» E O «TORRENTE BALLESTER».

MARÍA VICTORIA FALABA UNHA CHEA DE IDIOMAS: CATALÁN, PORTUGUÉS, FRANCÉS, CASTELÁN... PERO AO CHEGAR A GALICIA E COÑECER A NOSA LITERATURA E O NOSO IDIOMA DECIDIU FALAR EN GALEGO E DEFENDER O SEU USO, CANDO AÍNDA NON SE PODÍA ENSINAR NAS AULAS.


A DEFENSA DO IDIOMA GALEGO LEVA A MARÍA VICTORIA A USALO NO INSTITUTO NAS SÚAS CLASES DE LITERATURA ESPAÑOLA E A DAR CURSOS DE GALEGO PARA ADULTOS. EN 1974,COMO REPRESALIA POR ESTAS CLASES, FOILLE RETIRADO O SEU PASAPORTE.


EN 1975, EDICIÓNS DO CASTRO PUBLÍCALLE «MAR ADIANTE» O SEU PRIMEIRO LIBRO EN GALEGO. ESTA PRIMEIRA EDICIÓN ESTABA ILUSTRADA POLA PROPIA MARÍA VICTORIA. ESTE LIBRO CONVERTEUNA NUNHA DAS GRANDES AUTORAS DA LITERATURA INFANTIL GALEGA.
«MAR ADIANTE» CONTA A HISTORIA DUNHA MESTRA QUE PON ESCOLA NUN BARCO, O «ARROÁS», NO QUE SE EMBARCAN ONCE RAPACES E RAPAZAS DA VILA DE PORTOSOURIL, XUNTO CON MIGUEL, O MARIÑEIRO; XOSÉ LOIS, O CAPITÁN E LOLA, A COCIÑEIRA.


EN 1975 GAÑOU O 1º PREMIO DO CONCURSO NACIONAL DE CONTOS INFANTÍS DA SOCIEDADE «O FACHO», DE A CORUÑA, CO SEU CONTO «O CATAVENTOS». FOI PUBLICADO NO ANO 1989 CON ILUSTRACIÓNS DE CARMEN PERIS. 
«O CATAVENTOS» CONTA A HISTORIA DE DON PÍO, UN GALO MOI FACHENDOSO, QUE NON PERMITE VIVIR EN LIBERDADE NIN AOS PAXARIÑOS NIN ÁS GALIÑAS. A ENVEXA E A AMBICIÓN DE DON PÍO ACABARÁ LEVÁNDOO Á SOIDADE MÁIS ABSOLUTA


CO SEU LIBRO «LEONARDO E OS FONTANEIROS» ACADOU O 3º PREMIO DO CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL «O BARCO DE VAPOR», NO ANO 1985. ESTE LIBRO CONSIDERÁBAO MARÍA VICTORIA COMO O SEU PREFERIDO.
ANTÓN E O SEU CAN DE PALLEIRO LEONARDO SON OS PROTAGONISTAS DUNHAS HISTORIAS NAS QUE ANTÓN NOS VAI CONTANDO AS FALCATRUADAS QUE FAN EL E OS SEUS COMPAÑEIROS DA CLASE, O GRUPO COÑECIDO COMO OS FONTANEIROS.


DENDE 1986 A 2001 PUBLICA UNHA CHEA DE LIBROS EN IDIOMA GALEGO: «LEONARDO E OS FONTANEIROS», «VERSO E PROSA», «¿UN CACHIÑO DE BICA?, «¿E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS?, «A BRÉTEMA», «GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO», «DIARIO DA LUZ E A SOMBRA»...
EN 1988 MARÍA VICTORIA FOI NOMEADA DIRECTORA DA COLECCIÓN ÁRBORE, DA EDITORIAL GALAXIA. ESE MESMO ANO PUBLICA «ANAGNÓRISE», CONSIDERADO O SEU MELLOR LIBRO E QUE SE CONVERTEU NUN CLÁSICO DA LITERATURA XUVENIL GALEGA.


NO VERÁN DE 2001, CANDO XA ESTABA ENFERMA, FOI HOMENAXEADA POR LIBREIROS E LIBREIRAS NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA, RECOÑECENDO ASÍ O SEU LABOR COMO ESCRITORA E DEFENSORA DO IDIOMA GALEGO E DA SÚA LITERATURA.
«EU CONTO, TI CANTAS...» REÚNE TRES CONTOS DE ANIMAIS ESCRITOS EN VERSO: «XA NON TEÑO MEDO», «CAN BRANCO, CAN NEGRO» E «¿UN CACHIÑO DE BICA?». TEÑEN COMO PROTAGONISTAS A XAN E A TRES CANCIÑOS: NICOLAU, CORRECAMIÑOS E NICA.


«EU CONTO, TI CANTAS...», EDITADO EN 2005, É O ÚLTIMO LIBRO QUE MARÍA VICTORIA VIU PUBLICADO EN VIDA. FINOU NA CIDADE DE PONTEVEDRA O 22 DE NOVEMBRO DESE MESMO ANO, Á IDADE DE 66 ANOS.